REDESEÑO

A rúa Otero Pedrayo de Carballiño ofertará cen prazas de aparcamento

A Deputación anunciou a licitación das obras de remodelación, cun orzamento de 119.000 euros

A céntrica rúa Otero Pedrayo do Carballiño vai ser completamente remodelada co apoio da Deputación provincial, que onte facía pública a licitación das obras correspondentes, por un importe de 119.575 euros, e concedendo un prazo de 26 días naturais a partir de hoxe para a presentación de ofertas. O proxecto previsto consiste nun novo pavimento, con asfaltado en quente; un tramo de abastecemento de conexión entre a avenida 25 de Xullo (N-541) e a rúa Xosé Fariña Jamardo, e unha mellora no saneamento, co obxectivo de resolver un problema de anegamento que hai no cruce con dita avenida.

Ademais, contémplase o redeseño dos aparcamentos, que serán en batería e se incrementarán en 60 novas prazas ata chegar ás 100, unha modificación que será posible ao establecerse nesta rúa a dirección única. Dende o Concello carballiñés indícase que, debido ás intervencións realizadas na calzada pola apertura de zanxas para instalar outras infraestruturas, a rúa Otero Pedrayo presenta zonas moi deterioradas, polo que é preciso regularizar o asfalto, incluindo a construcción dun tramo de beirarrúa que agora está en terra.

Os anegamentos que agora padece este vial requiren, según o goberno municipal a recuperación do pozo de bombeo existente, a adaptación da arqueta, a recollida dos verquidos des fecais e a construcción dun enlace das augas pluviais coa rede actual. 

Te puede interesar