Os socialistas de Leiro celebran o arranxo da rúa Real

Imaxe que amosa na actualidade a rúa Real.
photo_camera Imaxe que amosa na actualidade a rúa Real.

O PSdeG-PSOE de Leiro congratúlase de que o goberno municipal do Partido Popular escoitase as demandas socialistas e procedese ao arranxo e humanización da rúa Real, en pleno casco urbano do municipio. Sinalan que con esta reforma “gaña á veciñanza”, cunhas mellores condicións de benestar e mobilidade e ofrecendo unha maior seguridade aos vehículos e peóns que circulan por dita rúa. 

Dende o grupo municipal socialista explican que o arranxo da rúa Real “foi unha reivindicación do noso grupo dende o ano 2020, cando presentamos o primeiro escrito”. Neste senso, lembran que en setembro de 2021 presentaron unha moción para o seu debate no pleno, na que pedían a reforma e humanización de dita rúa, pero tal e como apuntan, “o alcalde negouse a debater a moción, retirándoa da orde do día”.

“Tres anos despois, a reforma da rúa Real é unha realidade”, destacan, e tamén apuntan que “este é un triunfo da veciñanza, que por fin verá mellorado o seu día a día, sexa da cor política que sexa”. O edil socialista no Concello de Leiro, Manuel Rodríguez Vázquez, afirma que “queremos transmitir os nosos parabéns á cidadanía en xeral, xa que a loita que se perde é a loita que non se empeza, e neste caso fomos tódolos veciños, un exemplo de loita”.

Te puede interesar