Escritora de Piñor

Sonia Moral: ‘A tradición oral estase a perder’

Sonia Moral.
Unha estudante de Piñor recolle nun libro 300 cantigas populares que lle contou a súa avoa Mercedes para manter a tradición oral.
O salón de actos do Centro Multiusos de San Cristovo de Cea acolleu a presentación do libro ‘Risas e farras coas cantigas da avoa’, unha obra editada pola Deputación provincial de Ourense e escrita por Sonia Moral, unha xove estudante orixinaria da localidade de Cotelas, en Piñor.

¿Cal é a orixe desta publicación? Eu tiña unha recopilación de cantigas populares que me foi transmitindo miña avoa Mercedes dende que ela tiña 84 anos (agora ten 87), e a miña intención inicial era facer un libro só para a familia. Pero unha vez rematado o traballo, díxome ‘Ogallá o publiques’ e así foi como saiu á luz co apoio da Deputación.

¿Que contén o libro? Son 69 páxinas nas que se recollen unhas 300 cantigas que as xentes dos pobos interpreta ban nos antigos fiadeiros, cunha temática moi variada que vai dende regueifas e historias de mozas e mozos ata contos populares das aldeas.

¿Cre que se está a perder a tradición oral en Galicia? Penso que si, e ademais hai determinadas institucións e organismos públicos non están a dar facilidades para que quede plasmada en textos e dinche que estás a perder o tempo. O problema grave vai xurdir cando desaparezan os nosos avós, que son os depositarios dese legado histórico e cultural da nosa terra. E o mesmo está a suceder coa despoblación nas nosas aldeas.

¿É a súa primeira experiencia no eido literario? Á verdade é que si. Sempre se me deu ben ó de escribir, e no colexios que estiven os profesores loubaban moito as miñas redaccións. Pero nunca pensei na publicación do libro nin en participar nalgún certame.

¿Poráse o libro á venda nas librerías? Non, porque a edición non foi feita para vender. Son 300 exemplares, dos que 100 pasarán á Deputación para a súa distribución nas bibliotecas da provincia e o resto vai ser doado á Asociación contra o Cranco e á planta de Pediatría do Hospital Santa María Nai de Ourense. Segundo un acordo que tiven cos responsables desta sección do Complexo Hospitalario ourensán, acudirei unha vez ó mes para lerlle as cantigas ós rapaces que están internados alí.

Te puede interesar