Taller de hip-hop en galego para impulsar a lingua entre os xóvenes

A área de Educación do Concello do Carballiño organiza unha actividade dentro da Rede de Dinamización Lingüística co obxectivo de dinamizar o uso da lingua galega entre os adolescentes de 13 a 17 anos. A actividade céntrase no uso do idioma en accións que resulten atractivas para os xóvenes, que neste caso será o hip-hop.
O obradoiro de hip-hop, que se desenvolverá no Instituto Manuel Chamoso Lamas o próximo 15 de outubro, fará un repaso sobre a historia desta cultura musical, ademáis de abordar a dinámica introductoria, a creación de rimas e a elaboración de letras por grupos.

A segunda das actividades prevista é un taller de expresión plástica coa construcción dun monigote que cante e a súa posterior posta en escea que será captada con cámara de vídeo para colgar as imaxes en internet.


INTERNET

Nese senso, a concelleira de Educación, Pilar Caride, puntualizou que nas redes sociais só se verán os monecos, en ningún caso os xóvenes participantes no taller. A actividade desenvolverase nas instalacións do Instituto Manuel Chamoso Lamas, entre as 15,15 e as 17,45 horas do próximo día 15, segundo confirmou a responsable deste departamento municipal.

Te puede interesar