evento gastronómico

Teatro, antesala da festa do Pemento en A Arnoia

A organzación prevéque se preparen máis de 3.000 quilos de pementos e unha asistencia de preto de 12.000 persoas na fin de semana

O Concello da Arnoia ultima os detalles da que será a 39ª edición da súa Festa do Pemento, que terá lugar no recinto de A Queixeira durante o vindeiro fin de semana. Pero para ir quentando o ambiente, os organizadores teñen preparada para hoxe unha Noite de Teatro no salón da antiga cooperativa, a cargo do grupo afecionado da asociación de mulleres rurais do municipio.

Mañá xoves, 2 de agosto, comezaráse ó mediodía cun gran folión pirotécnico para anunciar a veciños e visitantes o programa lúdico para os cativos que consistirá nunha gran variedade de xogos dende as 21,00 horas, no mesmo recinto festeiro, e que proseguirán cunha merenda a xeito de clausura das actividades anuais da Escola de Fútbol municipal. Unha verbena amenizada polo grupo Sorcha, dende as 23,30 horas, e unha sesión discoteca, porán o punto final a esta xornada.

E o primeiro día grande da celebración gastronómica será o venres, día 3, co acto de inauguración e recepción das autoridades ás 20,30 horas na Queixeira, no que tomará parte o grupo de gaitas e danzas Airiños da Arnoia. A continuación, os cociñeiros procederán ó acendido dos fogóns para fritir os primeiros pementos, prevendo a organización que se preparen más de 3.000 quilos para a súa degustación ata o vindeiro domingo, e cunha asistencia de preto de 12.000 personas durante toda a fin de semana.

O famoso humorista e presentador galego Isi será o encargado de dar lectura ó pregón de exaltación da festa, ó que seguirá unha actuación da agrupación folclórica Airiños. O propio parque da Queixeira acollerá, dende as 23,30 horas, un animado baile amenizado pola orquestra Olympus, que voltará a protagonizar outro pase dende as dúas da madrugada. No intermedio, o grupo D'Efecto Pirata ofrecerá un concerto co máis variado do seu repertorio. Nas xornadas seguintes, ademais da posibilidade de degustar os pementos, tamén se celebrará, o sábado, a primera edición da Concentración de coches clásicos e o cuarto Festival de Pandereteiras "Arnoia Viva", coa participación das bandas Arguito, A Buxaina de Coruxo y As Tanxugueiras.

Te puede interesar