Compañía e autores, premiados o ano pasado, invitan a reflexionar recreando situacións coas que se identificarán

Teatro de Ningures aborda a relación de parella con humor e crueldade

Casilda Alfaro, Etelvino Vázquez, Josi Lage, Mría Armesto e Pepa Barreiro. (Foto: MARTIÑO PINAL)
Teatro de Ningures, a compañía que no pasado ano recibiu o premio ó mellor espectáculo dentro do Festival de Teatro Galego do Carballiño, representa esta noite a obra 'Homes...Mulleres. O Paraíso Terreal', de María Armeso, Paula Carballeira e Santiago Cortegoso. Será ás 22.30 horas, no auditorio municipal.
A directora do festival, Josi Lage, presentaba onte ó director da montaxe teatral, Etelvino Vázquez, a unha das autoras, María Armesto, e as actrices, Pepa Barreiro e Casilda Alfaro. O director sinalou que 'trata de la crisis, pero no en un contexto económico, sino en el contexto de parejas. Es un espectáculo de tres nuevos autores gallegos y aborda un tema que nos concierne a todos', engadindo que 'es importante que los autores gallegos puedan estrenar, porque muchas veces escriben pero no ven sus textos en escena'.

María Armesto declarou que a obra fíxose por encargo da propia compañía e para unhos actores determinados. 'Os tres traballamos por separado pero en constante contacto, tamén co director e ca compañía, tivemos que facer un exercicio de aceptación das críticas'. A trama trata diferentes relacións entre parexas, con situacións que se desenvolven con humor e outras incluso con crueldade.

Pepa Barreiro recordou que Teatro de Ningures é unha compañía veterana, con unha traxectoria de más de 20 anos, e que 'é a segunda vez que pedimos que nos escriban un texto para nós'. A súa compañeira de reparto, Casilda Alfaro, falou dos diversos persoeiros nos que se ten que transformar durante a representación, dende unha señora maior, pasando por outra muller en conflicto coa súa parexa, ata unha monxa. 'Trato de entender a situación, qué tipo de espectáculo é, e de saber o rol do meu persoaxe', sentenció.

Pese a que se abordan as relacións de parexa, o espectáculo é para tódolos públicos. O elenco de actores complétase con Santiago Cortegoso, Salvador del Río, Marián Bañobre, Sonia Rúa e Fran Paredes.

Josi Lage manifestou que 'Teatro de Ningures é unha aposta firme', e lembrou que o ano pasado encheu o aforo do auditorio, ganando o premio do público.

Te puede interesar