emprego

Un total de 250 desempregados optan a 20 postos do obradoiro

Os 20 desempregados escollidos dividiránse en tres módulos de albanelería e un cuarto de asistencia sociosanitaria, quedando este último reservado para San Amaro

Un total de 250 desempregados optan a formar parte do obradoiro que a Xunta concedeu aos concellos de Carballiño, San Amaro, Boborás e Maside. Serán 20 persoas as seleccionadas, cinco por cada un dos municipios participantes. Este será o segundo proxecto que compartan os catro concellos. O novo obradoiro desenvolverase durante nove meses cun investimento global de 280.000 euros, e o proceso de selección comezou o pasado venres. 

Os 20 desempregados escollidos dividiránse en tres módulos de albanelería e un cuarto de asistencia sociosanitaria, quedando este último reservado para San Amaro. O Carballiño contemplan a reforma das instalacións da Casa da Cultura. A construcción de beirarrúas na localidade da Almuzara centra os traballos en Boborás, mentres o Concello de Maside inclúe o acondicionamento de beirarrúas.

Te puede interesar