O Carballiño

A ubicación da futura Casa da Xuventude de Carballiño xera polémica

Dende o Foro Social e Cultural Terras de Breogán rexeitan que a Casa da Xuventude se ubique na Biblioteca e solicitan un espazo propio

O Foro Social e Cultural Terras de Breogán rexeita que a Casa da Xuventude ocupe o local da actual Biblioteca, ubicado no edificio da Casa da Cultura. "Como colectivo cultural agradecemos que se poña na axenda municipal a inquedanza e demanda que teñen os nosos mozos, pero cremos que esta medida non deixa de ser unha solución temporal, e que non corresponde coa problemática que se está a experimentar, aparte de que dalgunha maneira pode afectar á conciliación do estudo dos usuarios da Biblioteca pública", sinala o presidente, Manuel González. 

Este foro considera que a mocidade necesita dun espazo propio e reitera a petición de que por parte do responsable da área de Cultura, se convoque unha reunión cos distintos colectivos para buscar solución a esta vella demanda.

Nese sentido, sinala que dende hai case duas décadas demándase dende diversos colectivos unha Casa da Xuventude. Foron varias propostas as que se fixeron ao longo destes anos, "como por exemplo no baixo da antiga "Casa do Gito" (na Praza das Galiñas), no baixo do Auditorio, "Casa Soto", estación de autobuses e por último edificio sindical, e rexistramos outra nova proposta: Casa Sindical e Centro Comarcal".

Finalmente, anuncia que vai  plantexar ante o concello a creación dun Consello Municipal da Cultura.

Te puede interesar