Veciños alertan da existencia de buratos nas aceras de Torrón

A Asociación de Veciños O Carballiño reclama ó Concello o arranxo dos catro buratos que hai dende fai máis de dous meses en distintos tramos das aceras entre as localidades de Torrón e Partovia. Os responsables da entidade afirman que unha veciña xa sufriu nun diles unha aparatosa caída e que pode producirse un accidente grave en calquera momento.
O concelleiro de Obras, Magín Daparte, declaraba que nun prazo máximo de dúas semanas quedará solucionado o problema. O edil recoñeceu que o Concello non sabe quén abriu os buratos, 'pero asumirá as obras para tapalos, e para o que xa está encargado o formigón necesario', sinalou.

Te puede interesar