A vila festexou onte ó seu patrono con actividades

A banda de música de Vilatuxe acompañou o percorrido da procesión polas rúas máis céntricas e, a continuación, ofreceu un concierto na praza da Veracruz.

Unha salva de bombas anunciou na mañá de onte a sáida da procesión do patrono San Cibrao na xornada central das festas do Carballiño, dende o templo parroquial de A Veracruz. O bispo emérito de Astorga, monseñor Camilo Lorenzo, foi o encargado de presidir a comitiva, xunto ó alcalde, Francisco Fumega, e outros concelleiros da Corporación. No retorno á igrexa, oficiouse unha misa solemne cantada pola coral polifónica do Casino da vila.

A banda de música de Vilatuxe acompañou o percorrido da procesión polas rúas máis céntricas e, a continuación, ofreceu un concierto na praza da Veracruz. A tarde estaba reservada para o tradicional campionato de chave, exhibicións de patinaxe de velocidade e de hapkido, e unha concentración de vehículos clásicos, que participaron nun rallie nocturno. A verbena correu á cargo da orquesta Claxxon e o grupo Whisky Barato protagonizou, á medianoite, un concerto de homenaxe a "Fito&Fitipaldis".

A xornada de hoxe, domingo, abrirase cos pasarrúas das charangas Castro Bello e Doctor Anchoa e un concerto da banda de música do Carballiño ás 13,00 horas. Os cativos poderán disfrutar, dende ás 17,00, dunha animada  sesión de baile con Dj Tibu na Praza Maior, e, á mesma hora, haberá unha exhibición de patinaxe na praza da Veracruz. Neste mesmo espazo, a orquestra Panorama ofrecerá dous pases do seu espectáculo musical, o primeiro ás 21,00, e, o segundo, ás 00,30 horas.

Te puede interesar