As vivendas carballiñesas ‘triunfan’ na cidade

 Carlos Montes, o xerente de Ponte Vella Marcos Ramos, e Dacal. (Foto: Xesús Fariñas)
A primeira fase da campaña encamiñada a ofertar entre os ourensáns as vivendas construidas no Carballiño resultou coa venda de cinco unidades en tan só un mes. O alcalde, Carlos Montes, apuntou que ‘a estratexia foi acertada e ahí están os resultados’.
O alcalde do Carballiño, Carlos Montes, xunto co concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, presidiu na tarde de onte no Centro Comercial Ponte Vella o peche da primeira fase da campaña de promoción en Ourense de vivendas da vila do Arenteiro. As autoridades estiveron acompañadas por un grupo dos promotores carballiñeses que participan neste programa.

Carlos Montes sinalou que ‘non podíamos imaxinar que esta iniciativa fora a dar froitos tan rapidamente, a tenor do que nos din os propios promotores, xa que en tan só un mes conqueriron vender un total de cinco vivendas’. O rexedor lembrou que ‘dende o primeiro momen to, o Concello carballiñés quixo transmitir as excelencias da vila para atraer a novos veciños, e estamos comprobando como esta extratexia foi acertada xa que os resultados son positivos’.

A primeira fase da campaña, que comezou na metade do pasado mes de decembro, consistiu na publicidade en prensa escrita da provincia cunha tirada de 2.200 folletos, así como o contacto directo co posible cliente na propia Ponte Vella, onde durante catro fines de semana foron repartidos máis de 3.000 fichas informativas. Outro aspecto importante desta promoción foi internet, ó traverso de dúas páxinas especializadas no sector como son segundamano.es e o idealista.com, nas que se rexistraron un total de 2.500 entradas. Os folletos da campaña destacan a calidade das vivendas que se constrúen no Carballiño e o patrimonio cultural, natural, etnográfico e gastronómico.

Te puede interesar