O albergue de Castrelo acolle as oficinas do Concello

As dependencias municipais de Castrelo de Miño foron trasladadas nestes últimos días e de forma provisional ó edificio do albergue situado nas inmediacións do parque náutico. O cambio de ubicación é necesario por causa das obras de ampliación e mellora da Casa Consistorial. A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza aprobou a concesión do 80% do total da reforma, por un importe de 192.000 euros.
Con estas obras, as oficinas de atención ao público pasarán a estar ubicadas na planta baixa, facilitando o seu uso a todos os cidadáns, mentras que para dirixirse a primeira haberá un ascensor.

Te puede interesar