UNA IMPRENTA Y UN PERIÓDICO
Un escaparate que es historia
CULTURA
“Dique”, a nova produción de Nova Galega de Danza con dirección escénica de Marta Pazos, será o espectáculo inaugural da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT), que se celebrará entre os días 19 e 27 do próximo mes de xullo.
A peza abrirá pola noite a 40ª edición da MIT, no Auditorio Rubén García do castelo. Conta a épica historia das 200 mulleres que hai 150 anos escavaron o Dique da Campá de Ferrol, a obra de enxeñería hidráulica máis importante do século XIX, transportando 245.000 metros cúbicos de terra e pedras en 11.600.000 cestos sobre as súas cabezas. Trátase dun espectáculo coproducido por Nova Galega de Danza e a Xunta de Galicia, a través do Centro Coreográfico Galego, co patrocinio de Vegalsa e a MIT, e que conta cun equipo artístico e técnico composto integramente por mulleres, coa coreografía de Belén Martí Lluch e a música de Clara Aguilar.
Durante os seus nove días de celebración, a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia recibirá outras recoñecidas figuras da creación e dirección escénica, como Guillermo Calderón, Alice Ripoll, Alberto Conejero ou Esther Carrodeguas como parte dunha carteleira na que tamén figuran grandes nomes do clown, como o arxentino Gabriel Chamé e a inglesa Peta Lily, así como as estreas en Galicia dos novos traballos de Alberto Velasco ou Los Galindos.
Documentais, coloquios, cursos e presentacións complementan a intensa programación de espectáculos, para a que xa están á venda os bonos en ataquilla.com. Poderán adquirirse por esta vía ata o 24 de xuño, data a partir da que as entradas restantes estarán dispoñibles tanto na oficina da mostra como na súa web.
Participaron na presentación desta 40ª edición o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil; o alcalde de Ribadavia, César Fernández; o director artístico do festival, Roberto Pascual, e o director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, quen ofreceu máis detalles do espectáculo “Nada se sabe”, que se estreará o 26 de xullo na mostra de Ribadavia, coprodución con Culturactiva. Ignacio García e Fran Rei dirixen esta peza a modo de creación colectiva, para a que contan tamén coas achegas de Francisco Sánchez.
Outra compañía referente que estará na MOT é El Pont Flotant e por primeira vez estará un dos dramaturgos con maior proxección internacional de Chile: Guillermo Calderón con unha das súas obras máis exitosas, “Villa”, entre outros moitos espectáculos como os dirixidos ao público familiar ou os que se desenvolverán na rúa.
Será a edición “máis plural, inclusiva e festiva” da historia da MIT, segundo se puxo de manifesto.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNA IMPRENTA Y UN PERIÓDICO
Un escaparate que es historia
DENOMINACIÓN DE ORIGEN
O Ribeiro reactivará viñedos para aumentar su producción
PROYECCIÓN INTERNACIONAL
El Instituto Cervantes dará un impulso al legado sefardí en Ribadavia
Lo último
GRAVEDAD DE LAS LESIONES
Muere la mujer apuñalada en A Coruña por su compañero de piso, que también provocó un incendio