O BNG de Avión propón ó pleno que se sinalice e se limpe o legado arqueolóxico

O grupo municipal do BNG en Avión presentou no Concello unha moción mediante a que reclama que se execute unha limpeza de todos os elementos arqueolóxicos que abundan no municipio, ademais dos accesos para chegar ata eles e, asemade, se proceda a súa sinalización.
‘Avión posúe un valiosísimo legado arqueolóxico que na actualidade se atopa nun lamentable estado de conservación de de sinalización’, apuntaron os nacionalistas.

Na moción faise referencia a algúns dos restos, que non se poden ver por causa da abundante maleza, como os petroglifos nas inmediacións da torre de Mourelle, cerca de Pascais; a Laxa do Pousadoiro, na que se identifican 19 cazoletas, cerca de Abelenda; o gravado do Porto da Arca, que marca os límites xeográficos entre Ourense e Pontevedra; ou a Laxa de Nuestro Señor, na que hai máis de 200 cazoletas e cinco cruces, preto de Abelenda.

O BNG tamén chama a atención sobre as explotacións de estaño entre Baiste e Taboazas ou as de Pontegal, en Rubillón.

Te puede interesar