O RIBEIRO

O BNG critica ó goberno de Ribadavia por buscar un himno

"Descoñecemos por que publicamente se incluíu ao BNG nese suposto acordo, aínda que podemos intuir a vontade de querer meternos no lío que sobre este asunto se está a montar dende o goberno municipal"

O grupo municipal do BNG de Ribadavia aclara que en ningún momento se chegou a un acordo no último pleno para realizar un proceso de consulta popular con fin de elexir un himno para este municipio. "Descoñecemos por que publicamente se incluíu ao BNG nese suposto acordo, aínda que podemos intuir a vontade de querer meternos no lío que sobre este asunto se está a montar dende o goberno municipal", sinalan os nacionalistas. Engaden que so na comisión de cultura se “da conta dun escrito da Asociación Banda da Lira, na que propoñen como himno de Ribadavia a peza de Manuel Gregorio “Ribadavia”, asegurando que "despois de diversas intervencións acórdase abrir un proceso para co máximo consenso escoller unha peza".

O portavoz, Anxo Collarte, insiste en que non se tratou o asunto no pleno e que só cando rematou se acordou que na sesión do mes de abril trataríase da aprobación dun procedemento de achega de propostas. "Se chega o momento, o BNG expresará a súa posición sobre o asunto. De feito, descoñecemos se alguén no goberno se molestou en revisar a normativa legal relacionada cos símbolos oficiais, que é por onde hai que empezar", indican, ó mesmo tempo que aseguran que prefiren abordar os problemas reais de Ribadavia.

Te puede interesar