O BNG critica o retraso na reforma do mercado

O grupo municipal do BNG de Ribadavia repróchalle ó goberno municipal socialista que a partida de 10.000 euros habilitada para promoción do comercio local pertence aos orzamentos aprobados para 2013 e que 'non se executou en 2013 e vaise a facer con cargo a un orzamento que está prorrogado xa que nada se sabe do orzamento municipal para 2014', referíndose ás obras de acondicionamento que se están levando a cabo na Praza de Abastos con cargo a dita partida económica.

Os nacionalistas tamén consideran que esta reforma que se está executando na Praza de Abastos non foi un propósito do goberno municipal se non unha consecuencia da 'insistencia da asociación de comerciantes e a situación de urxente deterioro no que se atopan as instalacións da Praza de Abastos as que obrigan a atender un espazo comercial que xa está en funcionamento'. O portavoz do BNG, Anxo Collarte, tamén opina que esta obra era urxente e máis necesaria que o acondicionamento de fachadas de edificios comerciais, que fixera ó Concello en anos anteriores aproveitando unha subvención da Xunta.

O goberno municipal aceptou a proposta de Establecementos Asociados do Ribeiro e dos comerciantes da praza e destina eses 10.000 euros a pintar, retocar a carpintería e a mellorar o alumeado, entre outras reformas, para potenciar este mercado tradicional.

Te puede interesar