O BNG reclama claridade na selección de persoal

Un total de oito profesionais optan á praza laboral de enfermería para cubrir unha vacante no asilo Nosa Señora dos Anxos de Ribadavia. Para hoxe, martes, está prevista a realización dunha entrevista por parte do padroado que dirixe esta residencia xeriátrica para seleccionar a un dos aspirantes.
Por ese motivo, o grupo municipal do BNG presentou unha solicitude dirixida ó presidente do padroado, o alcalde de Ribadavia, Marcos Blanco, demandando 'a posta en práctica, antes da celebración de dita entrevista, dunha serie de procedementos que coidamos que axudarán a mellorar a deliberación dos membros do padroado'.

Te puede interesar