Castrelo de Miño pon en marcha un taller de náutica

Un total de 25 desempregados integraranse no primeiro taller de emprego do interior de Galicia que está adicado a servizos naúticos e que se desenvolverá durante un ano no municipio de Castrelo de Miño. Cun orzamento global de 583.405 euros, o proxecto contempla tamén un módulo de medio ambiente e termalismo e outro de axuda no fogar.
A Consellería de Traballo e Benestar comunicou nesta semana ó Concello de Castrelo de Miño a concesión dun taller de emprego, no que poderán integrarse 25 persoas en paro maiores de 25 anos e cun investimento total de 583.405 euros, contando coa aportación municipal.

O taller ‘Castrelo Náutico’ é o primeiro que se vai desenvolver neste municipio de O Ribeiro, e según o alcalde, Xurxo Rodrí guez, ‘é un innovador proxecto que fomentará a formación nos servizos náuticos nun concello do interior de Galicia, terá unha duración dun ano e os traballadores recibirán un salario de 936 euros mensuais’.

A estructura de traballo distribuirase en tres módulos formativos, dous deles adicados ós servizos naúticos e ó termalismo, ‘que son os alicerces do desenvolmente de Castrelo’ 014apunta o rexedor nacionalista014, sen esquecer nun terceiro módulo as tarefas e actividades vencelladas coa atención a persoas en situación de dependencia.

Barcas de madeira

‘Este módulo formúlase como unha solución á problemática que cada vez mais se manifesta nos concellos do rural que contan cunha poboación cada vez mais envellecida e dependente, coma é o caso do noso municipio, onde un 40% dos nosos veciños ten unha idade superior ós 65 anos’, lembra Xurxo Rodríguez. Por outra banda, o alcalde comenta que ‘o principal obxectivo deste taller é dotar dos coñecementos teóricos ós alumnos no referente ao arranxo das embarcacións de recreo e deportivas que se usan de xeito habitual no complexo naútico’. Ademais, e co fin de non esquecer a tradición existente na zona do río Miño, contémplase a recuperación dunha antiga actividade artesanal, que é a construción de barcas de río de madeira.

Finalmente, o terceiro módulo do taller acondicionará unha ruta de sendeirismo para unir as antigas pozas termais do pobo de Santa María coas de nova creación na zona de Paradela. Nesta paraxe, aproveitaranse as condicións naturais da surxencia minero-mediciñal, na que manan aguas que poden alcanzar unha temperatura de ata 70º centígrados, ‘a fin de converter esta zona nun novo atractivo e reclamo para veciños e visitantes’.

Te puede interesar