O comercio de Ribadavia recibe axuda para a súa promoción

Noelia Rodríguez e Raúl Mato asinando o convenio.
photo_camera Noelia Rodríguez e Raúl Mato asinando o convenio.

A alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez, vén de asinar un convenio co presidente dos Establecementos Asociados do Ribeiro, Raúl Mato, co obxectivo de definir un marco de colaboración para a realización de proxectos de interese mutuo para ambas institucións, dentro do ámbito das súas respectivas competencias.
​A través dese convenio levarase a cabo o desenrolo de actividades de interese común; de actividades conxuntas que teñan como obxecto a mellora e potenciación do comercio de Ribadavia, e tamén de iniciativas propias da asociación e de interese para os seus asociados.

A alcaldesa comprométese a entregar a Asociación de Establecementos Asociados do Ribeiro a cantidade de 5.000 euros, de fondos propios, para gastos exclusivos de actividades de promoción do comercio local a traves de diversas campañas ao longo do ano. 

Nesta xuntanza acordouse tamén a posibilidade de implementar a colaboracion a traves do bono comercio para épocas mais baixas para o comercio local, cando “realmente hai que incentivar e reforzar os recursos para axudar nos meses de menos ventas”, sinala Noelia Rodríguez.

“Esta colaboracion é un esforzo importante para o concello, e os comerciantes son parte fundamental da actividade da localidade”, engade, ao mesmo tempo que os felicita polas accións de promoción.

Te puede interesar