servizos

A Corporación ribadaviense pide máis calidade no comedor escolar

Brais Lorenzo acusou ao alcalde de permitir o deterioro do centro de saúde para que 
se faga un novo
 

A Corporación de Ribadavia aprobou por unanimidade tódalas mocións que se debatiron no último pleno. Deste xeito, acordouse tomar medidas para recuperar habitantes e aumentar o padrón, segundo a proposta que defendeu o PP.

O portavoz do BNG, Xacobe García, instou ao pleno a dirixirse a Educación para solucionar a falta de calidade na comida dos escolares do Tomás de Lemos a cargo dunha empresa de catering. O edil tamén mantivo unha reunión coa parlamentaria por Ourense, Noa Presas, e coa Anpa, para abordar a problemática, que será trasladada ao Parlamento.

 Tamén se ratificou unha moción conxunta para solicitar ás administracións que se esixa o cumplimento da normativa europea nas importacións de ataúdes, dacordo cunha reclamación da empresa local Ataudes Chao, que secundaron tódolos grupos.

O portavoz de Ribeiro en Común, Brais Fidalgo, aínda que se aprobou a súa proposta de melloras no centro de saúde criticou ao alcalde porque "chegou a manifestar que está en contra de calquera mellora no centro de saúde actual, xa que a súa estratexia para que a Xunta comece a realizar o novo é que o actual fique deteriorado", e en relación a perda de poboación, Fidalgo recordou as medidas que propuxo e que o goberno local aínda non levou a cabo como subvencionar os nacementos e dar cobertura aos 10 nenos que quedaron fora da Galiña Azul. 

Te puede interesar