A defensa do galego chega ata os cemiterios

Acto que tivo lugar no cemiterio da localidade de Macendo, en Castrelo de Miño. (Foto: M.P.)
A Asociación de Funcionarios para a normalización lingüística, contando coa colaboración do Concello de Castrelo de Miño e da parroquia, desenvolveu na igrexa de Macendo o acto 'En Galego agora e sempre', que tivo por obxectivos rendir unha homenaxe ós fallecidos deste municipio cuias lápidas figuran en galego, ó mesmo tempo que se reivindicou o uso do idioma en todo aquelo que ten que ver cos funerais e cultos relixiosos. As intervencións correron a cargo de representantes da entidade, do concello e da parroquia.
'Os avances producidos nos usos lingüísticos desde 1979 foron promovidos polos concellos. Sen embargo, maila esa progresión nos usos administrativos, e no patrocinio de actividades culturais, houbo desleixo nas políticas lingüísticas municipais noutros ámbitos sociais. Os cemiterios, as esquelas, as liturxias relixiosas, entre outras, foron obviadas nas actividades de fomento do galego', indicaron os organizadores.

O teniente alcalde de Castrelo de Miño, Alfredo Fernández, destacou a importante asistencia a este acto que tivo lugar na tarde do pasado domingo, e que 'foi unha homenaxe ós que defenderon o galego incluso na súa morte'.

Te puede interesar