Ernesto Chao: ’Non sei como non hai un auditorio cuberto’

LR- O actor ribadaviense Ernesto Chao reivindica unha aposta  económica máis forte pola única Mostra Internacional de  Teatro e afirma que é necesario un auditorio cuberto.


A compañía galega Lagarta Lagarta representa hoxe a comedia dramática ’As últimas lúas’, no auditorio do castelo dos Sarmiento, ás 11 da noite. O actor de Ribadavia Ernesto Chao é o protagonista deste espectáculo, do que afirma sentirse especialmente orgulloso.

¿Como está resultando esta nova edición da Mostra Internacional de Teatro? Só levamos dous días, pero hai cousas moi interesantes, estou contento porque vin tres espectáculos e gustáronme.

¿Como se sinte o actuar no seu pobo? Son bastante habitual en Ribadavia, pero esta ocasión é especial porque recae sobre min a maior parte do peso do espectáculo, e este é o traballo do que estou máis satisfeito en 30 anos de profesión. Por iso, teño moitas ganas de mostralo en Ribadavia, aínda que, por outra banda, eso tamén me crea certo nerviosismo. É un tema moi actual, trata dos vellos, do problema que tarde ou cedo temos nas nosas casas, debido ós espacios pequenos que habitamos, a falta de tempo para atendelos, pero todo eso dende o punto de vista do vello, de como se sinte ó saber que é un estorbo. A obra é unha reflexión de un vello e enséñanos que temos que ter moito respecto pola vellez, que temos que meditar sobre elo e darlles o valor que teñen.

¿Nótanse cambios no panorama teatral galego co novo  goberno? Aínda está empezando e hai intención de que se represente máis. Penso que teñen boas intencións e a práctica nos dirá si están no camiño acertado, espero que si.

Rubén García pide máis apoio económico para a mos tra, ¿pensa que as administracións non a valoran o suficiente? É unha reivindicación casi por obligación. Hai que facela tódolos anos porque Ribadavia é a cuna do teatro galego, o movemento teatral galego partiu de Ribadavia, polo tanto hai que apostar pola única mostra internacional ou vai quedar atascada. Hai que apostar por subvencións máis fortes.

Pero este ano, a conselleira Ánxela Bugallo mostrouse moi receptiva, ¿non é certo? Dixo que si, pero xa llo escoitei o ano pasado.

¿Hai algo que añadiría ou retiraría da mostra? A Mostra Internacional de Teatro ten que dar un salto, pero está condicionado pola economía. Teño que dirixirme ó Goberno autonómico e a Corporación municipal, poque non entendo como despois de 24 anos de mostra non se plantexara a construcción de un auditorio cuberto. Hai a Casa da Cultura pero non está  dotada edecuadamente, por iso, é imprescindible un gran espacio que poida acoller ós espectáculos no caso de que chova. ¿Houbo algunha solicitude ás administracións nese sento por parte da organización da mostra ou do Concello de Ribadavia? Non sei se houbo unha solicitude, pero penso que é unha iniciativa que corresponde ó Concello.

Volvendo a obra ’As últimas lúas’, ¿cando se estrenou? Foi o pasado 23 de febreiro, dende entón levamos estes meses con un total de 30 funcións, e esperannos moitas máis, xa que conto con facer entre 60 e 70 por toda Galicia.

¿Ten algún novo proxecto previsto? De momento, non, pero para o ano que ven xurdirá algo novo. Agora temos por diante moita carreira con este espectáculo.

 

Te puede interesar