Os estudantes poderán facer prácticas en Castrelo de Miño

O Concello de Castrelo de Miño asinou convenios de cooperación educativa coas universidades galegas e con distintas entidades educativas e formativas para a realización de prácticas, co fin de facilitar a preparación para o exercizo profesional dos estudantes.
Están dirixidas ós matriculados en calquera das tres universidades que teñan alomenos o 50% dos créditos da súa titulación superados. Tamén poderán acceder os licenciados con menos de de 31 anos e que remataron os estudos nos derradeiros tres anos, ademáis dos estudantes de Formación Profesional.

Te puede interesar