A falta de seguridade nas pozas de Melón chega ó Senado

A Comisión de Medio Ambiente do Senado debate hoxe unha moción do BNG que insta ao Goberno a executar, con carácter urxente, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, o proxecto de acondicionamento e mellora da seguridade no entorno das pozas do Tourón no municipio de Melón.
O senador nacionalista, Xosé Manuel Pérez Bouza, lembra nesta moción que o último accidente produciuse o día sete do pasado mes de xullo, aínda que a xoven que caeu por un desnivel de 30 metros sobreviviu. Asemade, insiste en que na última década houbo 10 víctimas mortais debido as deficientes medidas de seguridade.

Dado que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil 'leva anos tramitando un proxecto para mellorar a seguridade, pero todavía non fixo nada', argumenta o senador que é unha obra urxente que xa debería haberse feito antes de que se iniciara o pasado verán.

No mesmo senso, transmite as continuas reivindicacións do Concello de Melón, insistindo no carácter uxente das reformas encamiñadas a garantizar a seguridade dos centos de visitantes que se acercan a este paraxe natural cada ano, fundamentalmente na época estival. O Concello xa diu por finalizado o proceso de expropiación das 108 parcelas que se verán afectadas polo proxecto, segundo recorda o nacionalista Pérez Bouza.

Te puede interesar