O gañador do premio teatral 'Abrente' recibe 3.000 euros

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) inicia este sábado as súas tarefas para 2011 coa presentación das bases da sexta edición do 'Premio Abrente' de textos teatrais, nun acto que se desenvolverá no Centro Comarcal do Ribeiro. Deste xeito, ponse en marcha o proceso de actividades parellas á grande celebración da cita coas artes escénicas, que terá lugar en Ribadavia entre os días 15 e 23 de xullo, sinala o director do evento, Roberto Pascual.
Iste certame conta co apoio institucional da Secretaría Xeral de Política Lingüística e do propio Concello ribadaviense, e está dotado cunha cantidade de 3.000 euros para o autor ou autora da obra gañadora máis unha estatuíña realizada polo artista Manuel Rodríguez Alonso.

Por outra banda, na mesma convocatoria do sábado tamén se fará a presentación do libro 'Aquelas cousas do verán', do que é autor o dramaturgo lugués Manuel Lourenzo e que recibiu o Premio Abrente na súa edición anterior, correspondente a 2010.

Te puede interesar