Tres operarios ocuparanse da limpeza das vías en Castrelo

Un tribunal integrado por funcionarios municipais rematou o proceso de selección de tres operarios (un capataz e dous peóns) para ocuparse de diversas tarefas no Concello de Castrelo de Miño.
Concretamente, adicaranse a limpeza e acondicionamento das vías públicas e das canalizacións de abastecemento e saneamento. Os aspirantes tiveron que pasar probas prácticas de manexo de desbrozadoras e motoserras; de coñecemento da lingua galega e de fontanería , e tamén se lles valorou a posesión do carné de conducir.

Te puede interesar