O pleno de Ribadavia debatirá sobre as preferentes

O grupo municipal do BNG en Ribadavia presentou onte unha moción no Concello para ser debatida no próximo pleno co fin de acordar instar á Xunta e ao Goberno do Estado a que adopten medidas efectivas de protección dos clientes de entidades financeiras que investiron os seus aforros en instrumentos financeiros opacos, sen que por parte das entidades fosen informados debidamente dos riscos do produto, e sen que se cumprisen as demais obrigas establecidas na normativa, co fin de que podan recuperar os seus aforros.
Pretende tamén que demanden do Banco de España e a Comisión do Mercado de Valores unha campaña de inspección sobre a comercialización das participacións preferentes.

Te puede interesar