O programa de actos, iste sábado, inclúe recitais, música e maxia

Os poetas homenaxean ó escritor Alonso Montero

Jaime Moreda e José Luis Chao, na presentación do programa. (Foto: MARCOS ATRIO)
O escritor e académico Xesús Alonso Montero, natural da localidade ribadaviense de Ventosela, recibirá mañá sábado unha homenaxe promovida polo colectivo 'Por un Ribeiro poético', e que foi presentada onte na Casa do Concello de Ribadavia por Jaime Moreda e José Luis Chao.
Unha iniciativa que xurde, según explicaron, 'duns amantes da poesía e das letras galegas nunha cita anual que sirva para que as novas xeracións de poetas e escritorespoidan manter contactos cos persoeiros da cultura máis consagrados'.

O programa de actos comezará ás 13,00 horas,coa colocación dunha placa na casa familiar de Alonso Montero, en Ventosela, para trasladarse ás 19,30 horas ata a capela da Madalena, en Ribadavia. Alí abrirase unha exposición da Asociación Pintores do Ribeiro e haberá un recital poético, a actuación da coral Ecos do Avia e a entrega dun agasallo ó homenaxeado. Finalmente, no auditorio do Castelo, dende as 23,00 horas, celebrarase un acto popular con recitais, maxia e música.

Te puede interesar