Polémica en Macendo polo arsénico na auga

O alcalde de Castrelo afirma que non o hai e que en Santo Estevo está baixando tras clausurar un poco

O PSOE de Castrelo de Miño vén de rexistrar un escrito na Consellería de Sanidade na que solicita que se actúe en consecuencia e se tomen as medidas pertinentes ante o que consideran unha “grave neglixencia” do alcalde do Partido Popular, Avelino Pazos, e do seu grupo de goberno, ao non informar aos veciños da existencia de arsénico na auga da parroquia de Macendo, segundo sinalan os socialistas. 

Para a portavoz, Catalina González, a situación “é moi preocupante” e por iso decidiu por en aviso da situación a Consellería de Sanidade para que tome as “medidas oportunas e evite que este ocultamento de información por parte do goberno municipal se volva a producir”, sinala a concelleira.

O alcalde, Avelino Pazos, manifesta que “eso que afirma é unha falacia, unha mentira, en Macendo non hai arsénico”, e sinala que onde hai é en Santo Estevo, aínda que os niveis xa están baixando tras clausurar un dos pozos de suministro. “Levan 15 días de controles e está baixando, pero non se utilizará a traída ata que os niveis sexan os adecuados”, declara o rexedor municipal.

Te puede interesar