O PP reclama un mellor alumeado nas parroquias de Carballeda de Avia

O grupo municipal do PP de Carballeda de Avia presentou un escrito no Concello no que expón a súa preocupación "ante o mal estado e o deficiente servizo que presta a iluminación publica dalgunhas das nosas parroquias", esixindo a inmediata resolución dos problemas .

No termo de Carballeda de Avia, afirma o PP que a iluminación pública acende moi tarde, ás 21:25 horas, e tamén se refire a localidade de Muimenta, onde "levan días sufrindo cunha iluminación pública pobre que apenas ilumina as rúas". Ademáis, en Vilar de Condes, sinala o PP que "os veciños sofren constantes cortes de luz que se prolongan durante moito tempo".

O alcalde, Luis Milia, rexeita as críticas da oposición, declarando que recibiu un alumbrado defectuoso no que dende o 2008 leva invertido 360.000 euros. A inversión está supoñendo un importante aforro para o Concello, xa que se pasou de pagar polo consumo de 222.433 euros, no 2008, a 65.188 o ano pasado. En relación o encendido das farolas indicou o alcalde que se fai mediante un sistema de aforro enerxético que se rixe polo sol.

Te puede interesar