O PP solicita a limpeza do camiño á capela de Santa Lucía

O Partido Popular de Ribadavia recolleu as queixas dos veciños de A Groba con respecto ao estado no que se atopa o camiño que une a N-120 coa capela de Santa Lucía. O firme atópase cuberto de musgo, 'o que supón un risco de esvaróns para os que visitan a devandita capela', apuntan os populares.
Nese senso, engaden que 'compre sinalar tamén que, dada a proximidade da celebración da festividade de Santa Lucía, nas últimas datas a afluencia de xente a esta capela aumenta'. En consecuencia, presentaron un escrito no Concello solicitando a súa limpeza, porque 'consideramos necesaria unha inmediata actuación neste camiño de cara a resolver este problema'.

Te puede interesar