O PP ve irregular a contratación dun conductor en Carballeda

O PP de Carballeda de Avia está analizando as medidas legais a tomar sobre unha suposta irregularidade no proceso de contratación dun condutor para un camion municipal. Os populares apuntan que se valorou 'de xeito especial' ter un carné de operador de grúa de construción e sin apenas ter en conta a experiencia, 'nin ningún outro tipo de características profesionais, académicas ou persoais dos candidatos', engade o portavoz Lorenzo González. Por ese motivo, o PP sospeita que as bases se fixeron 'á medida' para contratar un ex concelleiro do PSdeG.
O alcalde, Luis Milia, declarou que a selección se fixo conforme ó estipulado nas bases. Asimismo, asegurou, que a praza é para cubrir un posto no servizo de recollida de lixo e tamén para manipular o vehículo con grúa que se utiliza para os materiais voluminosos. O rexidor insistiu en que cobra só 640 euros por xornada completa, facendo un gran favor ós veciños, permitindo manter a tasa de 50 euros ó ano.

Te puede interesar