O PSdeG pide ó alcalde de Leiro axudas para os libros de texto

O grupo municipal do PSdeG de Leiro defenderá no vindeiro pleno unha moción mediante a que solicitará ao goberno local que axude economicamente aos veciños a facer fronte ao custe dos libros de texto e do material escolar. Os socialistas lembran que coa situación de superávit das arcas municipais é factible levar a cabo dita proposta.
A medida tería como fin que os 50 nenos do colexio de Leiro recibisen 100 euros como medida social fronte a actual situación, derivada da subida do IVE e da alta taxa de paro. 'O mellor xeito de que os impostos revertan nos nosos veciños e que parte deles se destinen a fins sociais', segundo manifestou o portavoz deste grupo da oposición, Manuel Rodríguez.

Esa liña de subvención sairía adiante con 5.000 euros dunhas arcas que contan con 115.347 euros, tal e como recolle a moción, polo que 'o que suporía un enorme esforzo para tódalas familias, non minguaría a situación financeira do concello', matizou o concelleiro, incidindo na oposición do seu partido a subida do IVE no material escolar e á falta de axudas para os libros.

Te puede interesar