As adegas Pousadoiro do Ribeiro e Cachín da Ribeira Sacra recibiron os Bacelos de Prata

Recoñecemento ó uso do galego nas etiquetas do viño

Xosé Carballido, César Enríquez e Alfredo Fernández. (Foto: MARCOS ÁTRIO)
A Asociación Álvaro das Casas otorgou o seu premio anual Bacelos de Prata as adegas Pousadoiro de Castrelo de Miño, perteñecente a Denominación de Orixe Ribeiro, da que é propietario, Alfredo Fernández, e a Cachín de Abeleda (Teixeira), de César Enríquez, da Denominación Ribeira Sacra.
O acto desta novena edición transcurriu como é habitual no Pazo dos Ulloa, en Esposende de Ribadavia, onde se diron cita os galardoados, xurado, representantes da entidade organizadora e outros invitados como o Fiscal Superior de Xustiza de Galicia, Carlos Varela, o secretario xeral de Política Lingüistica, Valentín García, e o presidente do Consello Regulador do Ribeiro, Miguel Ángel Viso, entroutros.

Claudio González e Celso Domínguez, en representación de Álvaro das Casas, destacaron a variedade dos viños galegos que teñen o nexo común da calidade, e no caso dos premiados a lingua galega nas súas etiquetas que certifica a súa orixe. Neste premio valórase, deste xeito, a calidade do producto e o feito de que se utilice o idioma para a súa promoción e comercialización, unhos valores que xa resaltara Álvaro das Casas no ano 1936, cando residía neste Pazo dos Ulloa e promoveu un manifesto de unión dos colleiteiros.

Xosé Carballido, como membro da entidade, facía un chamamento a rexeitar complexos e antigas prohibicións para utilizar a lingüa galega, asegurando que na actualidade hai 250 marcas de viños etiquetados en galego; tamén Valentín García destacaba que o 67% do viño que se comercializa, tamén no estranxeiro, ten as etiquetas en galego, incluido o Peza do Rei de Cachín que foi seleccionado na Casa Blanca para o menú do Día de la Hispanidad.

Durante o acto, o grupo Ars Anterga interpretou cantigas de Alfonso X e seguidamente desgustáronse os viños dos galardoados.

Te puede interesar