A reunión de mosteiros do Císter invitou a Melón

O Mosteiro de Melón e o Mosteiro de Oia representaron a Galicia na reunión anual da Carta Europea de Abadías e Mosteiros da Orde do Císter, que acaba de desarrollarse en Valmagne (Francia).Melón, Oia, Oseira e Acibeira son os catro membros galegos (dos 13 mosteiros cistercienses de Galicia) integrados na Carta Europea, que na actualidade se compón de 163 mosteiros de Portugal, Francia, Alemania, Bélgica, Dinamarca, Italia, Polonia, Suecia, Suiza e Checoslovaquia, onde algúns dos monumentos están considerados BIC e incluso outros pertenecen á Unesco.
A alcaldesa de Melón, Cristina Francisco, e a coordinadora do proxecto do Mosteiro de Oia, Sarah Barbará, fixeron a exposición conxunta para promocionar os 13 mosteiros da Orde do Císter existentes en Galicia, para a creación dunha ruta encamiñada ó desenvolvemento turístico, económico e social destes monumentos e dos seus pobos. 'Esta idea foi apoiada polos membros europeos da Carta, que se comprometeron a seguir desarrollando excursións culturais desde Europa aos mosteiros galegos', sinalou Cristina Francisco.

O Mosteiro de Melón foi aceptado como novo integrante da Carta Europea, despois de haber sido visitado no verán pasado por membros da directiva e da propia abadía francesa de Fontfroide.

Aproveitando esta reunión, Cristina Francisco e o propietario do Mosteiro de Oia, Juan Martínez, mantiveron varias reunións con outros propietarios e representantes de mosteiros de Portugal, Bélgica, Francia e Italia para solicitar subvencións á Comunidade Europea, tendo en conta que nos proxectos para acceder ás axudas teñen que participar un mínimo de catro países de forma conxunta.

Durante a estancia tamén se visitaron varias abadías de Francia para coñecer a súa xestión.

Te puede interesar