premios

O Ribeiro entrega hoxe os seus premios na gala de San Clodio

Máis de 250 profesionais confirmaron a súa presenza, entre adegueiros, colleiteiros, distribuidores, almacenistas, xornalistas ou divulgadores

As altas temperaturas dos últimos días obrigaron ao Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro a celebrar pola tarde a súa gala dos Premios D.O. 2017, que inicialmente estaba prevista para o mediodía de hoxe. Deste xeito, a cita é ás 19,00 horas no Mosteiro de San Clodio, en Leiro.

O Consello Regulador da D.O. máis antiga de Galicia é o organizador desta cita que quere celebrar o bo traballo dos profesionais e divulgar a calidade dos seus viños.

Máis de 250 profesionais confirmaron a súa presenza, entre adegueiros, colleiteiros, distribuidores, almacenistas, xornalistas ou divulgadores.

Durante o evento desvelaranse os gañadores das categorías: “Mellor viño branco adega”, “Mellor viño branco colleiteiro”, e “Mellor viño tinto”. Tamén se conceden galardóns en tres categorías dedicadas aos profesionais das viñotecas e locais de restauración e hostalería, outorgados directamente polas adegas adscritas á Denominación, á “Mellor taberna – Bar de Viños”, “Mellor Tenda Especializada - Viñoteca” e “Mellor Servizo de Viño en Restaurante”.

Os premios honoríficos son para a escritora británica Sarah Jane Evans MW, o xornalista catalán Joan Gómez Pallarés, a sumiller galega Mónica Fernández e Arsenio Paz, responsable da adega Vilerma, que recibirá o “Premio Vida entre Vides”. 

Te puede interesar