Unións Agrarias di que o 70% da uva do Ribeiro non ten contrato

O sindicato Unións Agrarias afirma que o 70 % da uva da Denominación de Orixe do Ribeiro non está amparada en contratos. 'Unha situación que introduce un factor de inestabilidade grave para os colleiteiros, que ven como a súa produción, maila contar con boas expectativas e prezos, queda exclusivamente en mans dos bodegueiros', manifestou o portavoz, Xosé Ramón González.
UU.AA. refírese á 'pasividade da Xunta para convocar a Mesa do Ribeiro', e tendo en conta o compromiso do delegado territorial en Ourense, Rogelio Martínez, 'de facelo de xeito inmediato', indicou.

O sindicato considera imprescindible a posta en marcha por parte do Consello Regulador das ferramentas que garantan a transparencia e control da produción. Ve necesaria a inspección de campo do cinco por cento dos agricultores, xa que do censo actual máis do 40% non ten actividade, o que desvirtúa de xeito importante a realidade da produción. Paralelamente, pide que se publiquen as declaracións de colleita por parte dos produtores e que estas coincidan coas declaracións en adega.

Te puede interesar