rehabilitación

Vivenda financia a recuperación de varias casas en Parada de Sil

La Xunta prestará 602.000 euros para que estas construcciones se conviertan en viviendas destinadas a vecinos del municipio 

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda concederá un préstamo de 602.000 euros sen xuros   ao Concello de Parada de Sil para a rehabilitación de varias construcción no lugar de Fondo de Vila. A conselleira, Ethel Vázquez, e a alcaldesa de Parada de Sil, Yolanda Jácome asinaron onte o convenio, que se encadra no fondo de cooperación para a rehabilitación. O Concello deberá reinterar o préstamo nun prazo de oito anos.

Con esta actuación, Parada de Sil desenvolverá a proposta gañadora dun concurso de ideas que convocou o concello, en colaboración co Colexio de Arquitectos de Galicia e que consiste en rehabilitar varias construccións tradicionais en ruínas, das que se conseguirán catro vivendas, e o acondiconamento do seu entorno. 

O fondo de cooperación para a rehabilitación é unha medida da Xunta dirixida a municipios de menos de 50.000 habitantes e que consiste na concesión de préstamos a interese cero para que poidan recuperar edificacións ou realizar outras intervencións en materia de rehabilitación. Esta iniciativa está dotada con dez millons de euros e permitirá recuperar 1.500 vivendas en toda Galicia.

Diante das limitacións que teñen moitos concellos á hora de levar a cabo este tipo de actuacións, a Consellería puxo en marcha esta iniciativa con condicións tan ventaxosas como a concesión de prestamos a interese cero. Infraestruturas e Vivenda está traballando con outros concellos da provincia, como A Peroxa, O Barco de Valdeorras e A Gudiña, que xa amosaron o seu interse por acceder a este fondo de financiamento de rehabilitación.

Te puede interesar