Nós amosa en Xinzo os seus rostros

Ramón Cabanillas y Vicente Risco vistos por César Taboada y Manuel Caride.
photo_camera Ramón Cabanillas y Vicente Risco vistos por César Taboada y Manuel Caride.
A Casa da Cultura de Xinzo acollerá hoxe mércores a presentación de "Os rostros de Nós" da man da xornalista Maribel Outeiriño e dalgúns dos pintores da campaña. 

A vila de Xinzo será o lugar escollido para a presentación de "Os rostros de Nós", un conxunto de láminas realizadas a partir de nove retratos de autores dunha xeración que naceu en Ourense e sen a cal non se entendería a cultura e a literatura galega máis senlleira. A primeira destas imaxes entregarase co exemplar de La Región deste domingo, día 23 de maio, e corresponderá a Ramón Otero Pedrayo.

O seu rostro foi realizado polo celanovés Baldomero Moreiras e a obra, que retrata ao autor ourensán realizando unha oratoria, foi elaborada con cartulinas para acadar unha impronta máis actual. Ademais de Otero Pedrayo, Vicente Risco, Castelao, Xocas, Ben Cho Shey, Losada Diéguez, Ramón Cabanillas, Florentino Cuevillas e Arturo Noguerol foron inmortalizados coas mans doutros artistas como Acisclo Manzano, Alba Fernández, Antón Pulido, César Taboada, Javier A. Varela, Manuel Caride, Manolo Figueiras y Xosé Vilamoure. 

O acto, que se desenvolverá na Casa da Cultura da vila antelana, contará coa presenza da xornalista Maribel Outeiriño e dalgúns dos artistas participantes.

DÓNDE: Casa da Cultura Xinzo
CUÁNDO: 20:30 horas

Te puede interesar