Pódcast
La entrega de esta jornada de Ourense no tempo ahora también en formato pódcast.
Fai uns días, preguntáronme se podería dicir onde se situaba exactamente o Campo das Bestas, lugar onde transcorre o desenlace da Esmorga, de Blanco Amor. Teño que recoñecer que non teño unha resposta indiscutible. Cando lin a obra por primeira vez, fíxenme a idea de que se trataba da zona das Lagoas, próximo aos alicerces do viaduto, (onde había unha fábrica de cerámica e ladrillos), supoño que o ler esta frase: “Foi diste modo como chegamos ó Campo das Bestas que vén sere, coma vosté me enseña, o logar onde os varrendeiros van baleirar o cisco da cibdá”, e os datos que aparecen antes desa frase, foron os que me levaron a pensar nesa localización.

Por indicacións do profesor Monxardin, fai tempo que a miña concepción do barrio das Lagoas e moito máis ampla do que pensa a maioria. Chegando ata case que o Parque do San Lázaro.
Navegando no pasado, sabemos que de cando a feira da cidade celebrábase nos terreos do San Lázaro, na sua contorna era frecuente, ainda que ilegal, enterrar bestas, ou animais que por circunstancias fallecían na feira, e non se conseguían vender. Levalos de volta para casa era una tarefa complexa, máxime se falamos de cabalos, vacas etc, bichiños que non é sinxelo mover de mortos.
Esa parece ser a causa do nome da zona, e pensar que ocupa o espazo entre o río e o parque ten sentido, ¿ou non?