Adeus ás fochancas na Chabola e Tras do Río, en Coles

Estado actual da vía que se vai reparar.
photo_camera Estado actual da vía que se vai reparar.
Coles reparará o camiño que une estas dúas aldeas coa de Pereiro

Os veciños das aldeas de Pereiro, A Chabola e Tras do Río poderán despedirse das fochancas da vía que une estes tres núcleos rurais do concello de Coles. Recentemente saíu a licitación o arranxo desta vía, por un importe superior aos 55.000 euros, que na actualidade presenta un estado moi deficiente, poñendo en risco a seguridade dos veciños e dos propietarios de fincas agrícolas que empregan esta estrada a diario.

“O camiño de acceso ao Pereiro, Tras do Río e A Chabola dificulta o acceso rodado polo pésimo estado de conservación do pavimento, que se atopa moi desgastado e con multitude de fochancas”, di o informe. Así, a calzada será reparada por completo e o prazo de execución da obra será de dous meses dende a formalización do contrato.

Te puede interesar