Eluden sinalar á escisión da formación nacionalista pese a que algúns non se sinten representados

Os alcaldes do BNG asumen a última decisión da militancia

Francisco García.
O resultado da asamblea do BNG, onde a UPG gañou nunha axustada votación frente ós críticos de Máis Galiza e Encontro Irmandiño, ten interpretacións diferentes nos alcaldes nacionalistas de Ourense, todos máis perto da sensibilidade dos perdedores, coa excepción de Francisco García, membro da formza maioritaria e que ademáis forma parte da nova executiva que dirixe Guillerme Vázquez.
O alcalde de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez Méndez, un dos que antes da asamblea firmou un manifesto de rexidores para pedir a refundación do BNG e un comportamento máis democrático, manifestaba onte que 'o resultado está claro, os militantes do BNG da comarca do Ribeiro presentámonos como un grupo integrado no novo proxecto de Aymerich e de Beiras, pero logrou maior respaldo a outra lista, xa que conseguiron 24 representantes no Consello Nacional e nós 23, un deles son eu, no número 11'. Por esom, convocará unha asamblea para os militantes da comarca coa intención de planificar os pasos a seguir, referíndose á posible marcha de Beiras do BNG, aínda que sin desvelar a súa intención.

Ve máis positivo o resultado o alcalde de Allariz, Francisco García, quen destaca dous aspectos positivos: 'O exemplo de participación democrática e a aprobación dun documento que será unha ferramenta crave para traballar polo beneficio de Galicia'. García non ve friccións dentro da formación porque 'no BNG está quen quere estar, e polo visto na última asemblea, seguen uníndose a este proxecto novos compañeiros e compañeiras'.

Na Mezquita, o rexedor nacionalista Rafael Pérez, declinou entrar en profundidades na elección de Jorquera como candidato á Xunta. 'Houbo unha asemblea, unha exposición de propostas e unha votación totalmente democrática. Pode que che guste mais ou menos, pero o resultado hai que aceptalo. Iso é todo ou que teño que dicir', explicou.

O rexidor de Manzaneda, David Rodríguez, ten claro que este 'é un proceso no que a UPG segue mostrando a súa primacía. Abre un período de reflexión. Grande parte do BNG non se ve representado. Eu firmei o manifesto dos alcaldes (reclamando cambios non BNG) pero non fun á asemblea representando ningunha lista'. Mirando ó futuro, Rodríguez sinala que 'agora, hai que mirar ó proceso de integración e salvar o futuro do BNG. É pronto para facer valoracións, recén saídos dunha asemblea moi intensa'. En todo caso, deixa claro que 'somos unha formación moi crítica na que hai moitas correntes de opinión'.

Para a alcaldesa da Bola, Teresa Barge, 'a militancia falou claro e hai unha diferenza moi axustada, a representación na executiva das dúas tendencias así o reflicten'. Barge confía en que 'a executiva reflicta esas diferentes tendencias e coordíneas ao redor dun proxecto común'.

'Respeto á decisión' da maioría da militancia é o que pide Xan Jardón, alcalde de Vilar de Santos. 'Agora toca darlle tempo para que dibuxe as súas estratexias, e na súa elaboración, sen dúbida terá que haber consenso entre as dúas opcións, añade o rexidor nacionalista. Nin el nin ningún dos consultados concretou o seu futuro tras este resultado, nin tampouco asegurou unha escisión que danaría irremediablemente ó BNG.

Te puede interesar