Araújo: “Gustaríame aportar algo en positivo'

José Araújo
José Araújo incorporarase á Corporación municipal despois de dous años fóra dela. O que fora no seu día concelleiro de Cultura da cidade, no mandato entre 2003 e 2007, e tamén responsable desta área na oposición ata 2011, regresa así á primeira liña da política local. A súa toma de posesión como concelleiro está prevista inicialmente para o pleno do vindeiro mes de setembro aínda que a celebración dunha sesión extraordinaria a metade deste mes podería axilizala.
Como ve a súa volta? Vostede é xa un veterano.
É algo que me pillou por sorpresa, que non contaba, pero o feito de que unha persoa renuncie implica que corra a lista e o seguinte desa lista son eu. Sabía que podía pasar nalgún momento e pasou hoxe (por onte). É certo que algo coñezo a institución e as persoas que nela traballan e, nese sentido, si teño un grao de coñecemento maior que calquera que chegue de novo.

Este mandato está sendo máis axitado que os anteriores, incluso cunha tensa relación entre goberno e oposición. Como a ve vostede dende fóra?
O que si podo dicir é o que me transmiten os cidadáns e eles ven demasiados cambios. Hai quizais os mesmos músicos pero cambiaron moito os directores da orquestra e os músicos ó mellor están despistados en cuestións que non teñen que ver cos cidadáns e si coas súas casas particulares. Eso é algo que preocupa ós cidadáns e creo que agora mesmo teño unha visión máis real cecais, por estar no día a día da rúa e na actividade comercial, e creo que podo aportar unha visión interesante de como é a cidade e do que necesita.

Que labor espera facer agora como concelleiro na cidade?
O que si me gustaría é poder aportar algo en positivo, co ton adecuado, e que se perciba como algo interesante máis ca un ataque.

Te puede interesar