'Non temos outro compromiso que vós propios'. Con esta frase resume Xoán Bascuas, candidato á presidencia da Xunta por Compromiso por Galicia (CxG) o seu ideario, e foi a que utilizou onte para abrir a conferencia que ofreceu no Auditorio, dentro do Foro La Región.
Acompañado por Xosé Manuel Pérez Bouza, cabeza de lista por Ourense, Bascuas centrou o seu discurso na defensa do Estado de Benestar non senso de que 'os servicios sociais deben estar non só amparados, senón tamén promovidos polos poderes públicos.' Isto é algo que -segundo o secretario xeral de CxG- non se está facendo agora mesmo. 'O goberno actual non chega nin sequera a ser merecente de ser calificado como indigno', dixo Bascuas en referencia ás políticas de Feijóo en materia de Sanidade e Educación, alegando que 'cando un pobo non trata como se merece ós nenos e os maiores, e mais ós que os coidan deles, son moito peor que indignos'.
Neste senso, avogou por un 'cambio radical' na actitude do goberno en política social, e pola necesidade de que as forzas políticas 'volvamos a ser un servicio público que atenda ós cidadáns, os escoite activamente e busque solucións ós seus problemas', sinalou.
Compromiso por Galicia presentase, según Bascuas, como unha forza política alternativa, 'aberta á cidadanía', que ofrece 'non só unha nova mensaxe e un referente en idade e forma de facer', senón que aspira a ser un gran partido nacional. Para isto, dixo o líder de CxG, 'non podemos ensarillarnos en marcar un único punto no mapa ideolóxico, senón que queremos ser parte do plan', polo que pretenden acubillar á maior parte da ciudadanía galega 'que sabe que as formas de facer deben mudar'.
DEMOCRACIA PARTICIPATIVA
Xoán Bascuas apelou á democracia participativa, 'aquela que implica ó cidadán na cuestión pública', e defendeu para iso a necesidade dunha política 'de verdade', en lugar 'da que se fai nas altas esferas e que se traduce en defraudar ó personal', explicou.
Según as súas palabras, a máxima de Compromiso por Galicia é 'o noso pobo', e nesta liña engadiu que 'queremos ser a vosa voz, a vosa forma de sentir e de facer, porque nós somos o que vós sodes'.
Nesto tamén fixo fincapé Pérez Bouza, que se ofreceu a falar e escoitar ós cidadáns porque 'as inquietudes da xente son a nosa única e exclusiva preocupación', e prometeu defender ós ourensáns 'coa forza coa que sexa capaz' e 'sempre coa presenza da ética na miña actividade', dixo.
Desta maneira, o cabeza de lista pola provincia fixo unha chamada 'a tódolos desencantados co Partido Socialista e o Partido Popular para que confíen en Compromiso por Galicia, quen lles demostrará que 'non todos os políticos son iguais, mesmo que nós non somos nin parecidos'.
Pérez Bouza considera o problema demográfico en Galicia como 'o principal óbstaculo ó que se debe por remedio' e, neste senso, presentou unha serie de propostas encamiñadas a xerar riqueza e emprego, así como dotar ó rural dos medios necesarios.