20D | ELECCIONES GENERALES

Besteiro elige Ourense para la pegada de carteles

El líder de los socialistas estará junto a Rocío Frutos e Isabel García Mañá en el acto que tendrá lugar en la Casa Sindical.

O presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, elixiu A Coruña para a tradicional pegada de carteis que marca o arranque electoral; mentres que o líder socialista galego, José Ramón Gómez Besteiro, se desprazará ata Ourense para iniciar a carreira cara ás urnas.

Así, Feijóo arroupará ao cabeza de lista por A Coruña, Miguel Lorenzo, nun acto no que tamén estará presente o presidente provincial do partido, Carlos Negreira. O acto terá lugar no Hotel Attica 21.

Pola súa banda, Besteiro apoiará a Rocío Frutos e Luis García Mañá, os cabezas de lista para o Congreso e o Senado, na pegada de carteis, que se celebrará na Casa Sindical.

Mentres, o voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, apoiará a candidata de NÓS-Candidatura Galega, Carme Adán, en Vigo, aínda que a nota de cor a dará o cabeza de lista por A Coruña, Carlos Callón, que subirá a bordo dun pesqueiro no porto coruñés.

O acto nacional da candidatura En Marea --Podemos, Anova e Esquerda Unida (EU)-- será en Santiago de Compostela e contará coa presenza dos dous primeiros da lista por A Coruña, Antonio Gómez-Reino (Podemos) e Yolanda Díaz (EU). Pola súa banda, o líder de Anova, Xosé Manuel Beiras, acudirá a Vigo para arroupar a candidata por Pontevedra, Alexandra Fernández (Anova).

Ciudadanos terá os seus actos centrais en Santiago e Vigo. Na capital galega será co cabeza de lista por A Coruña, Antonio Rodríguez, e terá lugar na Praza Roxa; mentres que na cidade olívica, contará co cabeza de lista por Pontevedra, Antonio Lara.

Te puede interesar