O BNG de Ourense pide que o enlace da N-525 vaia ata Barrocás

photo_camera Luis Seara atendió a los medios ante las últimas novedades que trajo la actualidad a Ourense.
A execución total do vial de conexión entre a N-525 e Barrocás podería mellorar os accesos ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, como defende o BNG

O BNG reclámalle á Xunta a execución total do vial de conexión entre a N-525 e Barrocás que permita mellorar os accesos ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO ), tal e como está previsto no PXOM de 2013, para desconxestionar as rúas Marcelo Macías e Ramón Puga, logo de  que de que o goberno autonómico presentase o proxecto de vial, de 640 metros de lonxitude, que conectará a N-525 coa avenida do Regato,  que aliviará o tráfico que accede por Marcelo Macías pero “non resolve o problema”.

Segundo o voceiro municipal do BNG, Luis Seara, este proxecto  é un “parche” que obvia o “principal problema”, que é o colapso de Ramón Puga tendo en conta que autobuses, ambulancias e  coches entran por  unha vía de un único carril por sentido.

O voceiro provincial, Bernardo Varela, adiantou que “o feito de que a Deputación máis Urbaourense teñan o 51% da superficie da Finca Santamariña é un feito de enorme relevancia para a proposta que queremos trasladar”. A deputada Noa Presas concluíu que “vai sendo hora de que a Xunta aposte por proxectos de verdade e non por proxectos de saldo”.

Te puede interesar