Os bonos do autobús urbano de Ourense seguirán con prezo reducido

Uno de los nuevos autobuses urbanos de la ciudad
photo_camera Uno de los nuevos autobuses urbanos de la ciudad

En 2024, o prezo do bus urbano en Ourense manterase reducido grazas á prórroga das subvencións do Goberno central

O prezo do autobús urbano manterá durante todo o ano 2024 a redución, actualmente vixente, dos prezos das Tarxeta Milenio, toda vez que o Goberno central anunciou a prórroga nas subvencións ao transporte público. Esta medida será cofinanciada polo Concello e o Ministerio de Transporte e Mobilidade Sostible, con cargo ás axudas directas que o goberno estatal lles concede ás entidades locais para reducir estas tarifas. Así, a xunta de goberno acordou onte  a redución dos prezos dos títulos multiviaxes desde o 1 de xaneiro até o 31 de decembro de 2024, ambos incluídos. A Tarxeta Milenio ordinaria: 0,31 euros por viaxe (bonificación do 50%) e a Tarxeta Milenio estudantes, 0,21 euros (- 50%).

O Concello ourensán daralle traslado do acordo á empresa concesionaria deste servizo de transporte urbán para que a medida se aplique desde o día 1 de xaneiro.

Te puede interesar