“Cada vez que volvo á televisión é unha reválida co público'

Equipo da nova tempada de Bamboleo, conducido por Xosé Manuel Piñeiro
O alaricán Xosé Manuel Piñeiro, unha das caras máis coñecidas da TVG, volve hoxe á pequena pantalla cunha nova tempada do 'Bamboleo'. A partir das 22,30 horas, arrincará un espazo de música e baile para ver en familia.
A nova etapa de Bamboleo é un novo exame ca audiencia.
Cada vez que volvo é unha reválida coa audiencia, sobre todo nos últimos tempos nos que nada é continuado, fanse un número concreto de programas que pola situación actual se rentabilizan repetindo, mesmo tripitindo. Ademais, volvemos nun momento no que empeza a Eurocopa de Fútbol e sempre coincides con algún partido importante, e senón están tamén as olimpíadas. Sempre hai que competir.

Un programa de música e baile para todos os públicos, como se chega aos mozos e non tan mozos nun mesmo espazo?
Combinando. Hai que facer guiños a todo tipo de público. Neste momento, hai que facer televisión para quen a ve, non para quen fala dela. Sabemos que público maioritario é o que consume televisión. Ben é certo que en Galicia hai unha serie de claves que funcionan moi ben, como a música e o baile, son unhas boas cartas. Se metes en todos os programas un grupo de mozos, combinado cunha orquestra, xente nova nalgunhas seccións e se fai un guiño aos máis pequenos e os máis maiores, como no baile de netos e avós, pódese chegar a todos os públicos.

É tamén unha plataforma para novos grupos galegos?
Si, sobre todo de grupos que nunca estiveran en televisión, que son fantásticos e que nós coñecemos a través de xente que ten ido aos seus concertos e da rede.

Superouse iso de que os galegos só fan música tradicional?
Está moi ben o da música tradicional. Aí Luar fixo un traballo increíble de potenciación de todos os grupos. Pero hai un montón de xente nova que está traballando pero que teñen dificultades para sair adiante e que, aínda que teñen un gran escaparate na rede, nas televisión téñeno máis difícil. Unha televisión pública ten que coidar a todos os que a pagan, incluída esta xente nova que ben con toda a ilusión e que nós tratamos coa mesma deferencia que aos artistas consolidados.

Máis de dúas horas de programa, é moi esixente o ritmo de traballo?
O equipo de Bamboleo é practicamente o mesmo con que traballei 14 anos en Supermartes, entón xa nos coñecemos tanto que, con mirarnos, xa saben o que estou pedindo. Hai un ambiente fantástico.

Vólvese a apostar pola televisión familiar.
As televisións públicas nunca deixaron de ser familiares. Familiar non significa ñoñería, senón un programa que non incomode a quen o esta vendo, é dicir, que o poida ver o pai co seu fillo.

O público en directo é un engadido?
É fundamental, sempre traballei con público. Hai cousas guionizadas, pero en función da xente que estea discurre tamén o programa. Eu sempre boto unha ollada a bancada antes de empezar e antes de saír xa sei a onde me vou dirixir.n

Te puede interesar