LITERATURA POÉTICA

O caderno ‘Lethes' publica 10 poemas de Antón Tovar

<p></p>
photo_camera Delfín Caseiro e Manuel Seoane, na presentación do caderno cultural "Lethes" número 12.

O número 12 deste traballo presentarase mañá no Museo da Limia.

Os Cadernos Culturais do Limia "Lethes", xa chegaron ao número 12, cunha traxectoria de máis de tres lustros de existencia e 150 autores colaborando. Todo elo baixo a batuta de Xosé Badás, que coordina o consello de redacción. Este número 12 será presentado no Museo da Limia de Vilar de Santos e o Centro de Cultura Popular do Limia mañá, ás 17,30 horas, de maneira oficial.

Delfín Caseiro, en representación do Museo da Limia de Vilar de Santos, e Manuel Seoane, polo Centro de Cultura Popular do Limia, explicaron onte no Liceo que "este é un número especial, o 12, no que, ademais, se deu entrada a novos colaboradores". Manuel Seoane destacou que "nestes cadernos abordamos xeoloxía, termalismo, botánica, en fin, todos os temas que teñan interese para a comarca", e suliñou de maneira especial "o artigo de Delfín Caseiro con poemas inéditos de Antón Tovar, o que penso lle da un prestixio especial ao número".

Caseiro explicou que "a idea de publicar o número de 10 poemas inéditos foi por lembrar o décimo aniversario do falecemento do poeta e para que tampouco fose algo moi extenso". Engadiu que "o espíritu da publicación é ser unha revista que amose a paixón pola lingua e pola cultura, e co recordo na revista Nós".

Neste número inclúense 13 artigos doutros tantos autores, que van dende a investigación histórica ata a divulgación botánica e faunística, pasando pola arte e sen esquecer a creación literaria.

Te puede interesar