O Concello fará un informe para evitar a anegación de baixos por culpa do estado da calzada

Carballiño reparará as rúas que causan inundacións

A reparación de rúas é un dos obxectivos do novo goberno local. (Foto: M. PINAL)
As queixas e denuncias formuladas polos propietarios da avenida de Compostela do Carballiño polas continuas inundacións que sufren os seus baixos e garaxes cando hai temporal, motivou ó alcalde, Argimiro Marnotes, a solicitar da Xunta un informe encol do estado da rede de saneamento e pluviais nesa zona. O obxectivo é comprobar se os diámetros das canalizacións instaladas hai máis de dous anos se axustan ás necesidades do servizo que deben prestar, e se están ben conectadas.
'Os técnicos serán quen de determinar a causa da saturación das tuberías cando hai choivas torrenciais', indicou o rexedor carballiñés. Unha vez detectados os fallos, a Xunta comprometeuse a elaborar e financiar un proxecto para a subsanación destas avarías', añadió Marnotes. O equipo municipal de goberno do Carballiño considera que son prioritarias estas obras de mellora da citada avenida, que comunica a estrada N-541 (Ourense-Pontevedra) co barrio de A Uceira, onde tamén se ubica o polígono industrial.

A forte pendente entre A Uceira e o cruce de Catro Camiños favorece a baixada dun número importante de augas fecais, que se mixturan coa auga da choiva, de xeito que o actual sistema de alcantarillado non pode absorber tanta cantidade para o seu traslado ó colector do río Arenteiro, desbordándose cara o exterior e anegando as partes máis baixas das vivendas.

Este tipo de avarías ven sendo detectado polas autoridades municipais despois de que a anterior Consellería de Política Territorial, rematara a finais de 2008 un proxecto de acondicionamento ó longo de 1,5 quilómetros da avenida de Compostela, cun orzamento superior ó millón de euros. Entre outros traballos, contemplou a reposición de toda a rede de abastecemento e saneamento

No anterior mandato municipal, a Concellería de Obras, en mans do BNG, barallara instalar un sistema de bombeo para levar as augas directamente ata o colector de residuais, pero foi descartado.

Te puede interesar